MY HERO ACADEMY
My Hero Academy. A historia deste manga sucede nun mundo onde a grande maioría da poboación ten superpoderes. Izuku Midoriya (Deku) desexa máis que nada no mundo poder estudar na UA e converterse nun heroe como o seu ídolo All Might. Un día All Might dálle como herdanza os seus poderes e vai poder cumprir os seus soños. Na UA vai coñecer heroes profesionais, aprende a dominar os seus poderes e a facer fronte aos villanos.
Ademais do manga tamén hai unha serie de anime que emitiu a mediados de 2020 a súa 4ª tempada.
Aquí vos deixo o trailer do anime: https://www.youtube.com/watch?v=Q4jyWc7ATFc

Comentarios
Publicar un comentario