ATAQUE AOS TITÁNS
Eren Jaeger vive de forma pacífica coa súa familia protexido pola Muralla María. Todo vai cambiar cando un xigantesco Titán destrúe a muralla e fai que os humanos teñan que retroceder ata o seguinte mundo.
A humanidade, o que queda dela, vive protexida detrás de grandes muros desde que centos de anos atrás os Titáns, unhas criaturas xigantescas que devoran aos humanos, atacaron á humanidade.
Cinco anos despois do ataque, Eren e os seus amigos vanse graduar como cadetes nas forzas de defensa da humanidade.
O manga está moi próximo a rematar. Acaba de publicarse o tomo 32, polo que só quedan 2 para que remate a historia.
Tamén ten unha serie anime que acabe de presentar a súa tempada final.
Aquí vos deixo o trailer da primeira tempada

Comentarios
Publicar un comentario