HUNTER X HUNTER

 HUNTER X HUNTER





Na nosa biblioteca contamos con Hunter X Hunter un dos mangas de maior éxito desde que comezou a publicarse no ano 1998 ata o día de hoxe no que seguimos a agardar que o seu autor poida rematar a saga.
Gon Freecs vive na Illa Balea coa súa tía desde que o seu pai o abandonou alí. Un día descubre que o seu pai, que el cría morto, é un coñecido hunter (cazador) e que continúa con vida. Os cazadores son un corpo de élite acreditados para o rastreo de tesouros secretos, bestias exóticas e ,incluso, outras persoas.
Gon preséntase ao exame para ser cazador, este consiste nun desafio cheo de perigos que só é quen de superar un aspirante entre varias ducias de miles.
No seu camiño cara a proba vaise facer amigo de Kurapika, que desexa ser cazador para poder atrapar aos asasinos da súa familia, Leorio, que desexa ser cazador para poder ser médico e Killua, un mozo que abandonou a súa anterior vida como membro da máis famosa familia de asasinos.

Aquí vos deixo o trailer do anime para que lle botedes un ollo e vos animedes a comezar a aventura de Gon....    



Comentarios